lunes, 6 de julio de 2015

FELICES VACACIÓNS!!

Xa chegou a súa fin o curso escolar, foi un ano compartindo moitos momentos especiais, emocións, sentimentos, xogos, risas, choros, ... Traballamos moito, pero tamén nos divertimos aprendendo!! Foi pasando o tempo e fomos crecendo e crecendo e así estamos de maiores!!




Chegan as vacacións, ben merecidas e nas que imos a desfrutar moito!
Moitísimas grazas ás familias polo seu traballo e colaboración en todo! E aos meus pequechos e pequechas que o pasen xenial nas vacacións, que desfruten moito do verán, que xoguen moito e se divirtan!!
Ata setembro!! Quérevos moito a profe Patty!!




viernes, 3 de julio de 2015

CONTO VIAXEIRO!!

Como non nos chegou o tempo para poder ensinarvos como quedara o noso conto inventado da mochila viaxeira, os faraóns e faraonas decidimos crear unha versión dixital coas nosas propias voces!!
Pasámolo xenial mentras o facíamos, xa que nos gustaba moito oir a nosa voz no ordenador!!
Este é o resultado final!!!
Esperamos que vos guste!Ademais isto tamén é parte do voso traballo familias, moitas grazas pola vosa axuda e colaboración!!

jueves, 18 de junio de 2015

MOTÍSIMAS GRACIAS MEUS PEQUECHOS/AS E FAMILIAS!!

SÓ DICIRVOS QUE MOITÍSIMAS GRACIAS POR TODO FAMILIAS!!
E ESPECIALMENTE PARA OS MEUS PEQUECHOS E PEQUECHAS POR ENSINARME TANTO CADA DÍA, SODES UNS CAMPIÓNS!! QÚEROVOS MOITO!! 





DE FESTA POR PRIMARIA!

Hoxe recibimos varias visitas dos nosos amigos/as de primaria para invitarnos as súas festas de clase!!! E como somos moi festeiros alí fomos, comemos, bailamos, xogamos, ... Pasámolo moi ben!!
Gracias aos compañeiros de primaria e aos profes!!









DESCUBRIMOS COS NOSOS AMIGOS/AS OS DEUSES!!

Un día os nosos amigos/as os deuses invitáronnos entrar á clase para observar un ovo de dinosaurio que estaba somerxido en auga e contáronnos que pouco a pouco se estaba abrandando e de ese ovo nacería un dinosaurio, aínda que non ía ser un de verdade, pois xa non existen!!






Despois de 2 días, os deuses avisáronnos de que xa saíra o dinosaurio!! E viñeron á clase a ensinárnolo!! Gustounos moito e ao tocar estaba mollado e frío!!
Moitas grazas deuses e profe Paula por ensinarnos isto tan curioso, desfrutamos moito aprendendo todos xuntos!!











MOITAS FELICIDADES MOMIAS!!

O MÉRCORES CHEGOU O DÍA DA GRADUACIÓN DOS NOSOS AMIGOS/AS AS MOMIAS, PASÁMOLO MOI BEN VENDÓOS ACTUAR E QUE BEN O FIXERON!!

OS FARAÓNS E FARAONAS QUERÍAMOSVOS DICIR QUE O FIXÉCHEDES XENIAL, GUSTOUNOS MOITÍSIMO E ESTÁBADES TODOS E TODAS GUAPÍSIMOS!! E QUE SEPADES QUE PARA O ANO AÍNDA QUE ESTEADES NO EDIFICIO DOS MAIORES IRÉMOSVOS VISITAR E VERVOS NO PATIO!!

NORABOA CHICOS E TAMÉN AS FAMILIAS E COMO NON A PROFE MÓNICA QUE FIXO QUE ESE DÍA FORA MOI ESPECIAL! NORABOA POLO GRAN TRABALLO!







XA NACERON AS BOLBORETAS!!

O MÉRCORES CANDO CHEGAMOS AO COLE E MIRAMOS A NOSA CAIXA, DECATÁMONOS DE QUE XA NACERAN 3 BOLBORETAS!! SON DE COR BRANCA E NON PARAN DE MOVER AS ÁS, QUEDAMOS ABRAIADOS!! PARECE MÁXICO QUE UN VERME SE CONVIRTA NUNHA BOLBORETA, POIS SI, É ASÍ!! AGORA A ESPERAR A QUE SE ENAMOREN E TEÑAN OVIÑOS!